Vigo al día

@abelcaballero afirma que “nin un so neno quedará sen bolsa de comedor mentres eu sexa alcalde”

O alcalde informou este xoves da aprobación por parte do Goberno local da declaración de dispoñibilidade de crédito e a autorización para ampliar as axudas municipais escolares de comedores e libros para o curso 2017-2018.

Así a contía dedicada ao programa ascende a 1.831.000€ que beneficiarán a 5.000 escolares vigueses aproximadamente, a través das axudas da área de política social municipal e do apoio á Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Foanpas).

Abel Caballero salientou que en Vigo “nin un so neno quedará sen bolsa de comedor mentres eu sexa alcalde”, unha realidade que, subliñou, se vén cumprindo dende hai anos e que volverá repetirse neste curso 2017-2018 coas axudas municipais que están “plenamente operativas, sen lista de espera”. Ademais, engadiu Caballero, o Concello dedica 112.00€ a financiar 1.324 bolsas de libros e material escolar para o alumnado da cidade.

También te puede interesar