Galicia

As obras da Avenida de Vigo en Redondela estarán rematadas o vindeiro verán

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou este mércores Redondela para supervisar as obras da Avenida de Vigo, a travesía que une Chapela con Vigo na PO-323, que estarán rematadas o vindeiro verán, o que supón acurtar o prazo marcado inicialmente, previsto para o mes de novembro de 2018.

O Goberno galego aportará o 85% do custe da actuación que rolda os 2,3 millóns de euros, mentres que o Concello de Redondela investirá 369.000€ destinados ás melloras dos servizos de saneamento e pluviais.

Vázquez destacou que as actuacións están xa moi avanzadas, a pesar da súa complexidade técnica, sobre todo, no que se refire ás beirarrúas, onde o grao de execución rolda o 40%, estando máis adiantadas as da marxe esquerda. Así mesmo, remarcou que trátase dunha obra moi demandada polo Concello de Redondela, xa que supón un importante beneficio para os veciños e para o comercio da zona.

O obxectivo máis destacado desta actuación, que ten unha lonxitude dun quilómetro, é facer a zona máis accesible e máis segura, para o que se actúa na intersección que leva a Pescanova, para facilitar a saída e entrada dos camións ás industrias da contorna en condicións máis seguras.

Tamén se está a reforzar a seguridade dos peóns e a súa mobilidade, coa renovación integral das beirarrúas, para facilitar o tránsito dos veciños e visitantes nesta zona tan concorrida na que, xunto co mercado e a alameda, se asentan gran número de establecementos comerciais.

Ethel Vázquez tamén explicou que se aproveitou para mellorar a totalidade dos servizos urbanos, atendendo á petición feita polo Concello e ao seu compromiso de financiar parte destes traballos. Trátase dun proxecto ambicioso que porá en valor toda esta zona, contribuíndo á súa revitalización e un maior dinamismo

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.