Comarcas

A directora xeral de ADIF estará o xoves en O Porriño para coñecer en persoa o problema do paso a nivel

A entrevista prevista para este luns en Madrid entre a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e a directora xeral de Explotación e Construción de Adif, Isabel Pardo de Vera, vén de quedar aprazada para o vindeiro xoves, día 21,data na que a mesma celebrarase pero no Porriño.

Pardo de Vera viaxará ata a vila para coñecer in situ e en persoa o problema que causa o paso do tren polo centro do Porriño. A directora xeral estará diante mesmo das barreiras e terá ocasión de ver o pasos dos trens e, especialmente, a velocidade á que o fan, moitas veces a 140 quilómetros por hora.

A responsable de ADIF, que viaxa a O Porriño cando se cumpre un ano do accidente no que morreron 4 persoas e preto de 50 resultaron feridasmanterá unha entrevista coa alcaldesa e cos voceiros dos grupos municipais e recibirá unha explicación polo miúdo do que supón para a vida dos porriñeses o feito de que os trens circulen a diario polo caco urbano.

O pasado día 9 houbo unha concentración en lembranza das vítimas do accidente e no acto o manifesto que se leu, consensuado por todos os grupos municipais, pediuse que se estremasen as medidas de seguridade “en tanto non se suprime o paso a nivel”, unha actuación que se demanda dende hai medio século.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.