Deportes Vigo al minuto

5.000 prazas nas Escolas Deportivas Municipais para 28 deportes distintos a un prezo de 42,20€ por 8 meses

O Concello oferta este ano 5.000 prazas nas Escolas deportivas municipais. Cun orzamento de 300.000€ conta con 44 entidades deportivas adscritas que ofrecen 28 disciplinas deportivas diferentes. Tal e como indicou esta mañá o rexedor, o prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 27 de setembro (así permanecerá entre o 14 e o 27 de cada mes) e as actividades comezarán o próximo 1 de outubro para prolongarse oito meses.

O custo para o usuario é de 42,20€ por 8 meses de actividade e de 108€ no caso das prácticas deportivas acuáticas (vela, waterpolo, sincronizada, remo e escalada)

As modalidades deportivas a disposición son as seguintes: fútbol, fútbol sala, patinaxe, natación sincronizada, balonmán, baloncesto, tiro con arco, bádminton, atletismo, voleibol, ciclismo, taekwondo, judo, kárate, loita olímpica, hockey, hockey herba -novidade-, squash, tenis, tenis de mesa, esgrima, triatlón, axedrez, ximnasia rítimica -acrobática e artística, baile deportivo, natación, vela, waterpolo, remo, escalada ou baloncesto para discapacitados. Esta práctica deportiva realizarase nos Pavilóns de As Travesas, Navia, Samil, Candeán, Coia, Castrelos, Berbés, Bouzas, Bembrive, Teis, Coruxo, ETEA, así como nas piscinas de Travesas e Valadares.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.