Cultura Vigo al minuto

Veciños de Teis deciden concentrarse “mañá e tarde” para que unha empresa de transportes deixe de almacenar contedores na Avenida de Guixar

A asemblea veciñal celebrada este martes na Avenida de Guixar, diante das instalacións de transporte “Crespo e Cousedo”, para tratar os problemas xerados polo almacenamento de contedores, acordou realizar concentracións diarias -mañá e tarde- diante destas instalacións.

A Asociación indicou que, segundo informou a Concellaría de Urbanismo, notificóuselle a empresa unha “resolución sobre unha comunicación previa de inicio actividade, onde se ordena o cese cuatelar desta ao non poder autorizar a mesma nesta parcela”.

A asociación subliña que “dende hai meses a veciñanza do entorno da Avenida de Guixar e da rúa Julian Estevez, padece o paso diario de centos de camións de gran tonelaxe, ruídos, po, e problemas de tráfico”, unha situación foi denunciada  no Concello.

Os veciños afirman nunha nota que a súa paciencia rematou cando “o pasado luns a empresa transporte comezou a realizar traballos cunha pa escavadora para ampliar o espazo para depositar contedores, provocando danos as vivendas da 1º Travesía de Guixar”, daquela  acordaron concentrase durante varias xornadas diante das instalacións desta empresa, para pedir a paralización da ampliación e denunciar as molestias desta actividade.

También te puede interesar