Ciencia y Tecnología

@depo_es ofrece unha fin de semana diferente a 1.500 persoas co programa ‘En ruta coa Depo’

O programa da Deputación de Pontevedra “En ruta coa Depo” continúa a súa andadura esta fin de semana coa participación de máis de 1.500 persoas de 16 concellos da provincia nos itinerarios preparados pola institución provincial. En total, ata o domingo terán lugar 15 novas excursións que permitirán ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra.

Este venres, 8 de setembro, un grupo de 54 persoas procedentes do Centro Sociocomunitario de Tui realizarán unha ruta que percorrerá a Ría de Arousa, O Grove e o xacemento da Lanzada.

O sábado haberá 6 novas excursións. 54 persoas da Asociacion de Veciños de Petelos de Mos farán unha ruta temática para visitar o pazo de Lourizán, o pazo de Gandarón e o pazo de Oca. Pola súa banda, tamén 54 persoas da Asociación Cultural e Deportiva Xestas, de Vigo, farán unha ruta por Baiona para visitar a Casa da Navegación, o paseo de Monte Boi e o paseo marítimo.

Ese mesmo día, 34 persoas de Afaga Alzheimer e 108 persoas do Centro Social Cultural e Deportivo As Pedriñas coñecerán a Illa de San Simón. Amais, 108 persoas da Asociación C. R. D. San Martín de Moreira farán un paseo en barco pola ría de Arousa e percorrerán a Illa da Toxa, O Grove e A Lanzada.

Tamén o sábado, 54 persoas da Asociación de Mulleres Rurais a Lagoa, do Grove, e 54 persoas da Asociacion Os Amigos de Camposancos, da Guarda, percorrerán as Illas Cíes e o barrio vigués do Berbés. Pola súa banda, 54 persoas da Asociación de Mulleres Intercambio do Saber, de Marín, xunto a outras 54 persoas da Asociación Veciñal e Cultural As Mimosas de Carracido, do Porriño, terán a oportunidade de coñecer a Illa de Ons e a localidade de Portonovo.

Xa o domingo, 108 persoas da Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, de Gondomar, visitarán Cambados e os seus arredores mentres que 54 persoas da Asociación Veciñal e Cultural de Aranza, de Soutomaior, visitarán o conxunto histórico de Salvaterra do Miño.

Ata Cangas do Morrazo, facendo un percorrido polo seu conxunto histórico, chegarán 108 persoas da Asociación Veciños San Roque, de Vigo, e 54 persoas da Asociación de Veciños e Veciñas A Comunidade de Pias, de Ponteareas.

Ese mesmo domingo 10 de setembro, 54 persoas de ASEARPO poderán coñecer o Castro de Santa Trega, en A Guarda. Amais, 108 persoas da Asociación Veciñal «Praza da Miñoca» pasearán en barco pola ría de Arousa e percorrerán a Illa da Toxa, O Grove e A Lanzada.

Pola súa banda, viaxarán ata as Illas Cíes 54 persoas da Asociación Cultural Xeración Nós, 54 da Asociación Cultural e de Veciños Santa Bárbara de Portel, 54 usuarios e usuarias da Asociación Cultural Recreativa Ruliñas, e 54 persoas da Fundación las Samaritanas.

Por último, 108 persoas da Asociación Cultural A Feira, de Salceda de Caselas, e 54 da Asociación de Mulleres Rurais Anduriña de Arcade visitarán a Illa de Ons e 54 persoas do Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca de Parada coñecerán a Illa de San Simón.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.