'Qué te cuentas?'

O Concello de Arbo «premia» ás veciñas e veciños abrindo a piscina municipal de balde ata o vindeiro domingo

O Concello quere “permiar” a todos os veciños e veciñas de Arbo , así como os do Concello de Melgaço, por ter confiado un ano máis e escoller as instalacións municipais da piscina de Arbo, “para gozar dun verán divertido e refrescante” e, con tal motivo, ccomo informa o propio concello, dende este luns, día  28 de agosto e ata o domingo, día 3 de setembro , a entrada o recinto os bañistas será de balde. 

“Con esta medida un ano máis seguimos apostando polos atractivos da nosa vuila, polo que Arbo pode ofrecer, e animamos aos que todavía non fixeron uso deste emprazamento, a que o veñan a descubrir, nesta ultima semana que nos queda”, sinalan dende o Concello.

A piscina municipal abriu o pasado día 3 de xullo, as súas portas cunhas instalacións melloradas e coa contratación dun servizo  de control de calidade, para cumprir coas esixencias establecidas na normativa sectorial de aplicación e fixadas pola autoridade sanitaria.

“A intervención foi necesaria debido o gran deterioro que sufriu a instalación nos últimos anos e que conleva a melloras sanitarias e de seguridade, empregan materiais e  sistemas constructivos de uso habitual, dotando o equipamento deportivo dunha mellor estética e seguridade para os bañistas, e o interese do Concello de Arbo”, manifesta o alcalde, Horacio Gi, quen salienta que o obxectivo é o de seguir mellorando a parte dos baños e as pistas deportivas, asi como o parque infantil para que o vindeiro verán, poidan ser máis atrativas para o disfrute de todos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.