Cultura Vigo al minuto

@MareaVigo pide que o MARCO siga co seu proxecto de museo contemporáneo e non estea as ocurrencias de cada goberno local

O voceiro do Grupo Municipal de Marea de Vigo considera que a «a asunción do patronato e da maioría do orzamento por parte do Concello non é excusa para converter o contedor cultural nun espazo multifuncional para as ocurrencias deste ou de futuros gobernos locais»

Rubén Pérez lembra que o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)  foi quen de colocarse no circuito europeo e estatal avanzado en canto a programación e oferta relacionada coa arte contemporánea e que, argumentar que «hai que abrir o museo a outra realidade cultural» e considerar este traballo e resultados de anos como algo alleo á cultura da cidade. «Os vigueses e viguesas teñen a mesma receptividade e capacidade para disfrutar da arte contemporánea como o fan en Madrid, Barcelona ou Berlín”.

A xuizo de Marea de Vigo, o MARCO, especialmente baixo a dirección de Iñaki Martinez, conseguiu incluirse no circuito museístico de grandes museos polo que, “ante o feito lamentable de que non imos ter de novo a Iñaki á fronte do futuro do Museo é imprescindible abrir o proceso de contratación pública baixo criterio de méritos e experiencia para contratar un novo director».

Rubén Pérez lembra que o MARCO foi quen de subsistir ante os recortes dos orzamentos pola vía da marcha de diferentes administracións que aportaban recursos, o sistema concesional a empresas da xestión das salas, a infrautilidade de espacios como o anexo posterior (agora de uso hoteleiro case en exclusividade), a desaparición da tenda, etc… son exemplos do que ten vivido o museo nestes últimos anos.

Agora, lamenta Marea de Vigo, confirmado que non hai unha decidida aposta por encauzar o futuro do museo dentro do seu proxecto cultural orixinario, e que «estará supeditado ás ocurrencias da alcaldía de Vigo asitimos a unha política que vai desnaturalizar o propio museo» e proba delo é a discutible exposición de réplicas dos guerreiros de terracota de Xian ou tentativas máis ousadas que non teñan nada que ver coa arte contemporánea e a súa divulgación colectiva e social.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.