Comarcas

@ConcelloNigran sustitúe as luminarias do paseo de Panxón por unas novas de alumeado LED

O Concello de Nigrán ven de sustituír as quince farolas ubicadas ao longo do paseo marítimo de Panxón por unhas novas de iluminación LED e por un importe total de 8.712€  achegados a través do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

As antigas, de vapor de sodio e carentes de illamento, provocaban que nos días de mal tempo se avariasen. «Era un problema que nos transmitían frecuentemente veciños e hostaleiros da zona e que agora solventamos de raíz».

«Os fallos na iluminación acarreaban no peón sensación de inseguridade nunha zona co gran concentración de bares e restaurantes», indica o alcalde, Juan A.González. Así, estas farolas foron sustituídas por outras novas tipo LED, o que supón un importantísimo aforro no consumo enerxético. As actuais, de deseño minimalista, contan cunha fonte de luz composta por 14 LED de alta eficiencia e 30 W de potencia, mentras que o soporte é de aceiro.

«Supoñen un importante aforro enerxético e ofrecen unha imaxe moderna no municipio; todo o que sustituímos é sempre por LED por un principio claro de sostibilidade», indica González. De feito, como xa se fixo en todo o centro urbano, a nova medida suporá reducir a potencia de consumo entre o 51 % e o 80 %, o que ao mesmo tempo implica diminuír as costas de funcionamento das instalacións de iluminación pública e, sobre todo, permítelle ao Concello optimizar o gasto enerxético neste ámbito.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.