Galicia

Dúas veciñas de Arbo, vítimas da ‘estafa do avó’, perden 9.000€

Dúas veciñas de Arbo foron vítimas da «estafa do avó», chegando a efectuar ingresos de 5.300 e 3.700€ logo de que un suposto familiar que decía vivir na Arxentina asegurase ás mulleres que tiña problemas económicos.

Segundo indica a Garda Civil, nos dous casos os feitos son idénticos: ás mulleres recibiron a chamada telefónica dunha persoa que asegura ser un Parente que vive na Arxentina  e que está retido nun aeroporto- nun caso en México e noutro en Madrid-por un tema relacionado co pago de impostos.

Para poder farcerlle fronte a este ‘problema’, pídelle ás mullere que envíen unha determinada cantidade de cartos por medio dunha compañía de servizos financeiros.

A Garda Civil alerta do aumento deste tipo de estafas, en especial a persoas maiores, e aconsella que cando se reciban este tipo de chamadas telefónicas se comprobé, sen dúbida, a  identidade da persoa que chama, a veracidade da súa historia, que non se faga nunca o ingreso do diñeiro que se solicita e que se contacte cos Corpos e Forzas de Seguridade chamando ao 062.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.