Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia que o Goberno local quere subir o recibo da auga máis dun 2% o ano que ven

O Grupo Municipal da Merea de Vigo ven de asegurar que “outro ano mais, dende o comezo da última lexislatura, o Goberno Municipal levará a cabo unha suba nas tarifas da auga”, sendo a proposta para o 2018 o dobre que a do 2016, do 1,1 de suba ao 2,2%, “sendo, en valores reais máis do dobre, posto que a suba realízase sobre o prezo anterior”.

A pesares desta suba, sinalan dende Marea de Vigo, “segundo o informe de intervención, feito cos datos derivados do contrato con Aqualia e as relacións existentes co Concello,  di que debería aumentarse un 9,8% nesta altura para poder cubrir todo o custe do servizo”.

A xuizo da concelleira Marga L. Barreiro, isto non ten máis explicación que a de ser a consecuencia de estar utilizando a Aqualia para levar a cabo actuacións que distan do que unha empresa de subministro e saneamento debe facer. Obras ornamentais en lugar de, por exemplo, a eliminación da tubaxe de fibrocemento, aínda moi presente nesta cidade.

“Consecuencia disto tamén foi a prórroga do contrato con Aqualia no 2015 sen levar a cabo ningunha auditoría pública e mantendo abusos como o consumo mínimo de auga abuso que, de seguir prorrogando con esta empresa, pode manterse ata o 2030, de 5 en 5 anos”.

Para a Marea de Vigo, non é concibible nunha cidade como Vigo a existencia dun consumo mínimo de 30 m³ de xeito bimensual, “o que veñen sendo 500 litros ao día”, resultando isto unha cuestión física e sustentablemente imposible cos embalses que nutren a Vigo se as viguesas e os vigueses consumiran toda esa auga que están pagando.

“Hai cidades nas que non hai consumo mínimo ou o pago deste realízase por tramos, pagando segundo se consuma e de xeito gradual, sendo máis caro canto máis consumo, ao igual que tarifando diferente segundo as persoas que ocupen a vivenda en cuestión”.

Á marxe do abuso, sinala a concelleira, este aspecto da lugar a incongruencias tales como a que, canto máis aforro en agua nun fogar vigués, máis beneficios leva a empresa, xa que no recibo págase pola auga que a empresa non subministra.

“Igualmente, para a Marea de Vigo, un ben como a agua debería estar garantida a toda á cidadanía e cun mínimo de xeito gratuíto ou simbólico, aínda que para iso, é necesaria a remunicipalización destes servizos e a concepción do público como un ben común, políticas que distan moito das exercidas por este Goberno Municipal”.

También te puede interesar