'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

A ‘Noite Branca’ manterá abertos os museos e ofrecerá actividades en todo Vigo ata as 2 da mañá

O alcalde ven de presentar en rolda de prensa o programa da ‘Noite Branca’, unha iniciativa promovida pola Concellería de Cultura que se desenvolverá o venres 11 de agosto. A mesma,posta en marcha hai xa 5 anos, ten como principal obxectivo poñer en valor  o patrimonio da nosa cidade á vez que desenvolve unha manchea de actividades nos centros que forman parte da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo (Pazo-Museo «Quiñones de León», Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca «Francisco Fernández del Riego», Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo e Museo Liste-Etnográfico de Vigo); todo nun horario amplo, procurando maiores atractivos para os veciños e para as persoas que visitan a cidade nestas datas.

Ao igual que no ano anterior, súmanse a esta iniciativa os xacementos arqueolóxicos do Castro e o Centro de Interpretación do Mundo Romano (Toralla), dependentes da Concellería de Patrimonio Histórico, a «Sede Afundación Vigo» -a través do centro Naturnova- e o Museo do Mar de Galicia.

Nesta  quinta edición vólvese a realizar unha oferta extensiva e diversificada, que obriga á escolla, nunha noite de verán chea de vitalidade e xentes nas rúas e espazos. En total serán 37 visitas guiadas convencionais, lúdicas, con representacións… máis a novidade do «Verbum creativo» ou a demostración de traballo en vidro; 12 puntos de actividade, con ampliación de aperturas, exposicións permanentes e 10 exposicións temporais; e un total de 10 concertos, de artistas e formacións locais. Como é habitual, inaugurarase unha exposición temporal na Casa das Artes ás 8 da tarde baixo o título «Forever young».

Todos os centros da Rede de Museos Municipal ampliarán o seu horario normal de funcionamento ata as 2 da madrugada do sábado co obxecto de potenciar, tanto nos equipamentos do centro da cidade como da periferia, o desenvolvemento de actividades para todo tipo de públicos relacionadas coas coleccións e as exposicións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.