Vigo al día

O Goberno local aproba un investimento de 500.000€ na humanización da rúa Colombia

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o proxecto básico e de execución da humanización da rúa Colombia Fase I, que vai “con cargo ao superávit” e que ten un importe de “case medio millón de euros”.

Segundo expuxo o alcalde, nestes momentos, a vía atópase “nun estado lamentable, polo que é imprescindible facer a humanización para que sexa unha rúa digna dos seus cidadáns”.

Abel Caballero sinalou que a obra abranguera a mellora das redes de abastecemento, saneamento, augas pluviais e fecais, a renovación das calzadas, a rede de rego, as zonas verdes, o mobiliario, as papeleiras e que incluirá a instalación de luces led.

Caballero engadiu que está previsto continuar a humanización nunha segunda fase na que o goberno municipal investirá unha cantidade similar á da primeira.

También te puede interesar