Vigo al minuto

O Goberno local aproba un investimento de 500.000€ na humanización da rúa Colombia

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o proxecto básico e de execución da humanización da rúa Colombia Fase I, que vai “con cargo ao superávit” e que ten un importe de «case medio millón de euros».

Segundo expuxo o alcalde, nestes momentos, a vía atópase «nun estado lamentable, polo que é imprescindible facer a humanización para que sexa unha rúa digna dos seus cidadáns».

Abel Caballero sinalou que a obra abranguera a mellora das redes de abastecemento, saneamento, augas pluviais e fecais, a renovación das calzadas, a rede de rego, as zonas verdes, o mobiliario, as papeleiras e que incluirá a instalación de luces led.

Caballero engadiu que está previsto continuar a humanización nunha segunda fase na que o goberno municipal investirá unha cantidade similar á da primeira.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.