Comarcas

Máis de 1.000 persoas ateigan a primeira xornada de #NigránJazz

Máis de mil persoas acudiron este venres á primeira xornada da undécima  edición do Nigranjazz no esteiro de A Foz (A Ramallosa) para desfrutar do  cuarteto liderado polo pianista estadounidense Michael Kannan e o vibrafonista español Jorge Rossy, que foron precedidos do tamén cuarteto encabezado polo contrabaixista portugués  Gonçalo Leonardo.

Pese á poalla, o público permaneceu fiel durante os dous concertos e moitos se animaron a seguir na jam-session posterior que abriu Carlos Gil Trío e que se prolongou ata altas horas. Ademáis, miles de persoas desfrutaron da comida gourmet na feira gastronómica itinerante ‘Rilla na Rúa’, que permanece ata o domingo en todo o paseo de A Foz.

O festival continúa este sábado coa actuación estelar do pianista americano Kevin Hays no seu único concerto en Europa co seu trío. Previamente, dende ás 9 da noite  o público do Nigranjazz terá a oportunidade única de desfrutar do dúo formado para a ocasión polo pianista Abe Rábade e o guitarrista Virxilio da Silva, os dous músicos galegos máis relevantes no panorama nacional, que homenaxearán xuntos a histórica colaboración entre o pianista Bill Evans e o guitarrist Jim Hall. Finalmente.

‘Rilla na rúa’ porá tamén o seu punto de animación ao Nigranjazz ofrecendo a actuación de ‘The Alley Stompers’ ás 7 e media da tarde no Auditorio de A Foz. Trátase dunha formación  ao máis puro estilo das Brass Bands americanas que tocará en directo para bailaríns de swing. A formación representa unha viaxe atrás no tempo, recreando a atmósfera de New Orleans dos anos 20 ou 30, unha época en que o jazz se afirmou como música popular. O francés Wilfried Wilde ao banjo, Óscar Prieto á tuba e Chus Pazos á batería, forman unha sección rítmica de luxo, que acompaña ao saxofonista siciliano Rosolino Marinello e ao crooner e saxofonista Toño Otero que, coa súa voz tenor aterciopelada, transmite un auténtico son de época.

Ademáis, ata o domingo ‘Rilla na Rúa’ traerá concertos, obradoiros, espectáculos… Calquera que se achegue estes días ao Paseo da Ramallosa poderá gozar de distintas propostas gastronómicas, música swing, djs e actividades familiares, como o cabaret infantil de Nelson Quinteiro.

Nesta segunda edición participan 4 novas caravanas con propostas diferentes co obxectivo de dar un mellor servizo e variedade ao gran público  que se prevé, así, se incorporarán ‘Km Fuego’, comida desenfadada con toques orientais; ‘LaconLover’, propostas gastronómicas co porco (especialmente o lacón) como protagonista; ‘Misco-midas’, cociña de autor con fusión canaria; ‘Bendita Atabaka‘, cocina vasca canalla e, finalmente, na zona do festival Nigranjazz estará ‘Crepe Cabaret’ con crepes doces e salgados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.