Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

#CiesPatrimoniodaHumanidade conta dende este venres co apoio de @uvigo

O alcalde e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron este venres un convenio de impulso ao obxectivo «Illas Cíes Patrimonio da Humanidade», un acordo segundo o cal a institución educativa presidirá e coordinará o comité científico e proporcionará o «aval científico» á candidatura.

Na súa intervención, Abel Caballero valorou este «salto cualitativamente tan importante» ao entrar nun dos «camiños imprescindibles» para obter o recoñecemento da Unesco, como é o aval científico, despois de levar catro anos no proceso de «creación de conciencia social colectiva». O alcalde agradeceu ao reitor e ao Campus do Mar a súa colaboración pois «é seguramente a mellor garantía» de éxito para as Illas Cíes.

Un dos eixos da candidatura é o reforzo científico-técnico e neste eido se enmarca o acordo entre o Concello e a Universidade de Vigo, como líder do Campus do Mar, que congrega ás principais universidades, centros de investigación e plataformas de investigación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Así, o Concello encarga á Universidade a presidencia e coordinación do comité científico creado para a candidatura, ademais de responsabilizarse de avalala e validala cientificamente.

Reitorado no Areal

Abel Caballero e Salustiano Mato aproveitaron este acto para facer oficial a cesión de espazos no edificio municipal de Areal, para que se volva asentar o Reitorado da Universidade de Vigo no centro da cidade. O alcalde apuntou a «vocación» do goberno vigués de estar «sempre do lado da Universidade».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.