'Qué te cuentas?'

@CIGVigo denuncia que Dinak usa cartos públicos para despedir persoal indefinido e contratar en precario

A representación da CIG no comité de Dinak, compañía viguesa dedicada á fabricación de chemineas modulares de uso industrial, vén de denunciar que “a dirección está a aproveitar as subvencións que recibe da Xunta para desfacerse de traballadore indefinidos e con antigüidade na empresa e mentres contrata novo persoal eventual en condicións laborais máis precarias”. Diante disto, os delegados sindicais da central na empresa barallan a convocatoria de mobilizacións.

Segundo explican os delegados da CIG no comité de empresa, a dirección de Dinak está a executar unha vaga de despedimentos que argumenta como disciplinarios “a pesar de que non existen motivos que os xustifiquen”. En concreto, no último mes rescindiulle o contrato a tres empregados, aínda que dende 2012 rexístranse unha media de dous despidos cada ano. En todos os casos son persoas con contrato fixo e con antigüidade na empresa.De xeito paralelo, Dinak continúa a contratar a persoal eventual con condicións laborais inferiores”, indican.

A vaga de despedimentos prodúcese a pesar de que a compañía aumentou a facturación en plena crise económica e tras eliminar a paga de produtividade en 2012 (320€ mensuais por traballador).

Ao ano seguinte pretendeu aplicar unha nova rebaixa xeneralizada dos salarios e un aumento da xornada, “mais finalmente non se chegou a producir porque a CIG presentou unha denuncia”. Ademais, cando comezaron os despidos os delegados da central propuxeron a convocatoria de mobilizacións, “pero CCOO asinou un pacto de ‘non agresión’ coa dirección a cambio de non executar máis rescisións de contrato, algo que non cumpriron”.

Diante disto, anuncian que no caso de que a dirección non dea marcha atrás na súa política de despedimentos e precarización das condicións laborais do cadro de persoal -formado por uns 200 traballadores- convocarán mobilizacións.

Consideran que non se pode permitir que unha compañía bote man de importantes cantidades de cartos públicos que recibe a través de subvencións da Xunta -en concreto do Igape, de Xesgalicia e da Axencia Galega de Innovación- para despedir e contratar persoal en peores condicións. De feito, nos últimos anos Dinak recibiu alomenos máis de 400.000€ de axudas públicas directas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.