Vigo al minuto

Nova protesta polo peche de camas nos hospitais de Vigo durante o verán

As protestas polo peche de camas na área sanitaria de Vigo trasladáronse este venres ao  hospital Álvaro Cunqueiro, despois das que tiveron lugar no Meixoeiro. A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), quen convocara a mobilización, ven de denunciar que ás camas que se pechan no verán hai que engadir todas as que seguen sen utilizarse no Meixoeiro todo o ano.

O persoal insiste en que se debera aproveitar que o verán “soporta menos presión de determinadas patoloxías” para incrementar o número de cirurxías, co obxectivo de reducir as listas de espera. “No canto de facelo, á Consellería de Sanidade aposta por dedicar máis cartos á sanidade privada”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.