Comarcas Vigo al minuto

@carmelasilva revindica un novo modelo de goberno, «transparente e participativo», no balance de 2 anos ao fronte da Deputación

Imágenes:vigoalminuto/“Cambio, cambio e cambio”. Con estas tres palabras definiu Carmela Silva, este venres, os dous anos de xestión da coalición PSOE-BNG, á fronte da Deputación de Pontevedra. A presidenta, que deu as grazas a todos os integrantes do goberno provincial, “e moi especialmente ao vicepresidente, César Mosquera”, salientou que a acción desenvolvida dende 2015 baséase na “cooperación cos concellos, defendendo o municipalismo e na garantía dos dereitos de todas as persoas”.

Carmela Silva subliñou que fronte ao “presidencialismo do anterior Goberno” pasouse a unha a unha dirección conxunta; dun modelo anterior “escurantista, irregular, partidista e pouco equitativo”, a unha “xestión baseada na transparencia, participación, a escoita activa ao conxunto da sociedade, que ven de derrubar os privilexios e respectar a autonomía dos concellos”.

A presidenta engadiu que os proxectos iniciados nestes dous anos buscaron, sempre “o benestar da provincia e non dun partido”, e que a acción neste tempo baseouse en criterios obxectivos “en contra do criterio clientelar do anterior goberno”.

Silva,quen amosouse “moi orgullosa” de estar á fronte do organismo provincial, insistiu en que o obxectivo é “construír unha provincia dinámica e sostible para as persoas mantendo a nosa cultura e autenticidade”.

A responsable da Deputación asegurou que os dous partidos, PSOE e BNG, con ideas distintas “somos quen de gobernar sen fisuras”, coa idea de «transformar, día a día, esta institución nun espazo de servizo á provincia e á cidadanía”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.