Vigo al minuto

Concentración este venres, día 14, no Cunqueiro, para denunciar o peche de camas durante o verán

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) convoca para este venres, día 14, á 1 da tarde, unha concentración na porta de Consultas externas do Hospital  Álvaro Cunqueiro (vela C andar -1) para denunciar o denunciando o peche de camas durante o verán que se suman ás xa pechadas no Meixoeiro durante todo o ano.

“O período do verán, que soporta menos presión de determinadas patoloxías, podería ser unha oportunidade para incrementar o número de cirurxías para acortar a lista de espera que padecemos. No canto de facelo á Consellería de Sanidade aposta por dedicar máis cartos á Sanidade Privada”, denuncian distintos representantes dos traballadores.

También te puede interesar