Vigo al minuto

@AsNevesConcello pecha a XII Festa do Viño Tinto das Rías Baixas, a máis innovadora e unha das máis concorridas da historia

Imaxes:vigoalminuto/Milleiros de persoas achegáronse esta fin de semana ata As Neves para gozar da Festa do Tinto Rías Baixas que, segundo os organizadores, está a ser un éxito de público que non so acudiu ao ‘Sol do Condado’ para dar conta dalgúns dos caldos máis afamados do país, senón da comida e das actividades programadas polo Concello.

A Festa xuntou os mellores tintos da Denominación de Orixe Rías Baixas, elaborados con diferentes variedades de uva, dende Mencía, pasando por Loureira, Espadeiro, Caíño ou Sousón.

O alcalde agradeceu a “importante participación social nesta festa, de asociacións veciñais e culturais”, e quixo valorar o feito de que, este ano, ademais, a festa deu unha especial importancia á calidade dos viños.

Xosé Rodríguez Méndez, subliñou a “innovación” que sufriu este ano esta cita cunha programación moi vangardista, que empezou cun pregón moi visual e atraínte, a cargo de Pablo Méndez, e abrangueu un programa que tivo os seus puntos fortes a partir das últimas horas da tarde, en contra do que era habitual ate este ano.

Este feito, sumado á repetición da Ruta dos Pinchos, obradoiros, a andaina de Rubiós a Viña Nora e logo ata As Neves, os túneles do viño, obradoiros, catas, teatro e música, sen esquecer as actividades para nenos e, por suposto o complemento gastronómico, conqueriron que esta 12ª edición da festa fose unha das máis corridas da súa historia.

También te puede interesar