Cultura

‘Vive Nigrán’ pecha o cartel da súa primeira edición

A programación musical da primeira edición de Vive Nigrán contará con catorce propostas do panorama nacional independente e catro dj’s. O concibido como un ‘Picnic-pop festival’ terá lugar o 26 e 27 de agosto no antigo campo de fútbol de Lourido, no entorno de Praia América.

O peche de cartel engade cinco novas formacións ás xa anunciadas, quedando a programación por días do seguinte xeito: Sábado 26.- Marem Ladson, New Day, Picnic Pop DJ, Bflecha, Basanta, Joe Crepúsculo, Viva Suecia, Las Bistecs; Domingo 27.- Duques de Monterrey, Tachenko, Picnic Pop DJ, Isaac Pedrouzo, Edu Romero DJ, Espiño, Os amigos dos músicos, Morgan, Da Chick.

Na búsqueda da melodía perfecta incorpórase a coñecida formación de indie pop Tachenko. Poderemos disfrutar da calidade das suas letras pegadizas e moitos dos seus grandes éxitos como Escapatoria, Vámonos ou El Respland’or.

A ourensá Marem Landsom, achegará ao festival a súa voz profunda e chea de matices. Esta moza de 19 anos, quen lanzou recentemente o seu primeiro single «All My Storms», é unha das tres artistas seleccionadas polo Proxecto Prisma, unha iniciativa que pretende dar visibilidade a artistas menores de 23 anos a través dun programa que combina a formación, a asesoría e a experiencia da música en vivo, e coa que colabora o Vive Nigrán, entre outras organizacións.

E por último, a banda novel nigranense Atlantic, formada a mediados de 2015 que pronto extendeu o seu radio de acción a toda a área metropolitana de Vigo, intercalando nos seus concertos “covers” coas súas propias composicións, dentro dun estilo ecléctico na órbita do indie rock.

Súmanse tamén a esta primeira edición catro dj’s: Isaac Pedrouzo, que ten percorrido todo o circuíto de salas alternativas de Galicia como DJ convidado ata que botou raíces no Café & Pop Torgal de Ourense, cidade de orixe. O vigués Edu Romero combina o seu traballo como parte do persoal de Coconut producciones co de baixista do grupo Nadadora, picadiscos para Onda Cero e DJ en varios eventos, como o Festival de Cans. É un dos DJ’s máis coñecidos do panorama galego; e foi tamén encargado da programación do emblemático La Iguana Club, de Vigo. Pola súa banda

Rapariga dj é unha polifacética muller con diversa experiencia en locais de Pontevedra, Vigo e Compostela, de ecléctica selección cañeira e bailable, sempre de música feita por mulleres, independentemente do estilo e a época. Con Cristina Pontanilla escoitaremos funk, stoner, rock&roll e temazos swings que tanto nos gustan bailar. Poderemos disfrutar tamén da sesión de Picnic Pop dj, onde o arte pop e espíritu espontáneo do picnic vencéllanse nun menú especial en mantel de cadros para vivir unha tarde divertida sobre a herba.

Melodías naif e tecnopop serán elementos fixos na sesión de Juan Rivas, de ampla traxectoria no mundo da música como autor e intérprete pop, dj e programador.

As primeiras confirmacións do festival foron o dueto catalán Las Bictecs, máximo exponente Electro-disgusting, definido por elas mesmas, Alba e Carla, como a corrente artística que pretede molestar e non deixar indiferente a una sociedade saturada de información, Joe Crepúsculo, herdeiro do pop de discoteca máis bailable, Viva Suecia, que marca esta cita como a única en Galicia este verán e o novo proxecto  Basanta, aposta local que pretende dar voz a natureza con harmonías que recordan melodías sesenteiras. Tamén estará Da Chick, proxecto espacial con base en Lisboa de Teresa Sousa, pura provocación a ritmo de disco soul e boogie funk de directo deslumbrante e a nova formación de Amparo Llanos, New Day, que xurde directamente dende o corazón cara un novo comezo para deixar claro que, tras 24 anos con Dover, inda ten moito que dicir.

Incluído no circuito Rías Biaxas Fest, Vive Nigrán será a última parada das 8+1 que patrocina a Deputación de Pontevedra. A aposta do Concello de Nigrán que conta tamén co patrocinio da cevexeira Mahou, pretende converterse nun referente para os aficcionados á música en directo nun espazo natural único, concertos a pé de praia e actividades paralelas para toda a familia ao longo dos dóus días. Xogos ao aire libre, un market, foodtrucks, obradoiros e charlas debuxan a filosofía deste Picnic Pop Festival ideado para gozar todo o día en familia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.