Vigo al minuto

O Concello contratará, por un período de 6 meses, a 94 persoas desempregadas, empadroadas en Vigo

O Concello ten previsto a contratación de 94 persoas desempregadas, empadroadas en Vigo, para o desenvolvemento de obras de interese social e municipal, por un periódo de 6 meses.

A selección das persoas candidatas realizarase a través do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e abarcará todo o termo municipal.

Os postos a contratar son 4  Capataces construcción, 11 Albaneis, 1 Carpinteiro aluminio,  1 Carpinteiro de madeira, 1 Carpinteiro metálico, 10 Condutores, 1 Fontaneiro, 1 Electricista, 6 Xardineiros/as forestais      , 2 Pintores, 1 Mecánico do automóvil, 1 Desinfector, 2 Auxiliares Administrativos, 1 Delinueante, 1 Auxiliar Topógrafo, 1 Técnico de Prevención de Riscos Laborais, 28 Peóns de Construción, e 21 Peóns de xardinería-forestal.

As persoas interesadas en optar a estes postos poden obter máis información chamando ao 010 ou entrando no portal web do Concello, www.vigo.org.

También te puede interesar