Vigo al minuto

Convocada folga para o 15 de xullo na planta de PSA Peugeot Citroën

Representantes de CC.OO., CIG e CUT presentaron este venres na Delegación da Xunta en Vigo a convocatoria dunha xornada de folga para o vindeiro sábado 15 de xullo na planta de PSA Peugeot Citroën.

Segundo indicaron as centrais con este paro quérese presionar á dirección da empresa para que se supedite a un acordo sobre solución extraxudicial de conflitos colectivos de traballo  para abordar os problemas de sobrecarga dos traballadores polo repunte de produción.

Os sindicatos fixeron tamén un chamamento aos traballadores da M1 para que, de forma voluntaria, non acudan a traballar este sábado 8 de xullo.

También te puede interesar