Vigo al día

A práctica totalidade do cadro de persoal de GKN en Vigo secunda os paros convocados para reclamar un convenio digno

Segundo informan os representantes dos traballadores, a folga convocada na empresa GKN Driveline de Vigo para reclamar un convenio colectivo digno está a ter un seguimento prácticamente total por parte da plantilla.

“Nas dúas primeiras quendas unicamente entraron a traballar tres técnicos”, sinalan dende a CIG dende ondde lembran que os paros na compañía, que emprega a 980 persoas no polígono de Balaídos, desenvólvense durante dúas horas ao inicio de cada quenda nos seguintes horarios: na de mañá, de 6:00 a 8:00 horas; na central, de 7:45 a 9:45 horas; na de tarde, de 14:00 a 16:00 horas e na de noite, de 22:00 a 24:00 horas.

O persoal de fin de semana parará o sábado de 6:00 a 8:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.

También te puede interesar