Galicia

Controlado o incendio de Parderrubias mentres segue ardendo a parroquia de Quins, en Melón

Imagen:B.A./Este domingo, preto da 1 da mañá, quedou controlado o lume que se declarara a última hora do sábado na parroquia de Parderrubias en Salceda. Na loita contra o mesmo participaron efectivos de Emerxencias  e extinción de incendios, medios da Xunta, integrantes do Servizo Municipal de Emexencias e Protección Civil de Mos, e Bombeiros do Baixomiño.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, un incendio está activo dende a 1 da mañá deste domingo na parroquia de Quins, en Melón- a mesma na que a semana pasada arderán preto de 160 hectáreas-.

O lume arrasou xa máis de 20 hectáreas mentres 5 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas e unha pa, xunto con efectivos do Grupo de Emerxencias (GES) do concello loitan contra as lapas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.