Vigo al minuto

O Goberno de Galicia aproba un novo programa de emprego dirixido a empresas, autónomos e entidades sen ánimo de lucro

O presidente Feijóo, na rolda posterior ‘a reunión do Goberno. Foto: Xon Crespo

O presidente do Goberno de Galicia destacou hoxe a aprobación no Consello do executivo dun novo programa de 9 millóns de euros dirixido a autónomos, empresas e entidades sen ánimo de lucro para incentivar a contratación de menores de 30 anos.

A iniciativa, que forma parte do Sistema de Garantía Xuvenil, prevé beneficiar a 1.200 mozos, un 20% máis que na edición anterior, con axudas superiores ás do pasado ano, que poden chegar a superar os 17.000€.

O presidente Feijóo explicou que a intensidade das contías xerais aumentará nun 25% nos colectivos con máis dificultades para atopar un traballo neste segmento de idade: mulleres, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, familias con todos os seus membros en paro ou se o centro de traballo está emprazado no rural. E o programa incluirá tres tipos de actuacións diferentes.

Así, para apoiar o inicio de actividade dos autónomos destinarase un orzamento de 2,5 millóns, cunha axuda mínima de 4.000€- máis do triplo que en 2016-, que poderá chegar aos 8.000€ para os colectivos máis vulnerables. Este ano, tamén como novidade, elimínase o requisito de investimento mínimo para fomentar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

A segunda actuación que forma parte deste programa, cun orzamento de 3,4 millóns de euros, ten como obxectivo fomentar nas empresas a contratación por conta allea. Para elo, prevense 7.000€ de incentivos á contratación indefinida inicial para os dous primeiros anos (3.500€ ao ano) que poden chegar aos 14.000 euros; e 2.500€ por cada contrato temporal que se converta en indefinido, podendo alcanzar os 5.000€.

Os apoios para a contratación temporal, mínima por 6 meses, oscilará entre os 1.500 e 6.000€; os incentivos para contratos de formación e aprendizaxe, mínimo de 12 meses,  poderán chegar ata os 2.400€; e, por último, para a contratación en prácticas, mínimo de un ano, as axudas serán de ata 7.200€.

O terceiro dos apoios deste programa -cun total de 3 millóns de euros- estará destinado ás entidades sen ánimo de lucro, para incentivar a contratación dos mozos co obxectivo de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral. Con este obxectivo, as axudas oscilarán entre os 8.617 e os 17.234€.

O presidente do Goberno galego aseverou que con esta nova achega «dase continuidade á aposta por apoiar de forma máis intensa o emprego entre a mocidade». Non en van, este ano o Goberno de Galicia investirá 40 millóns de euros co obxectivo de seguir reducindo o desemprego entre os menores de 30, un colectivo onde: baixou o paro no último ano nun 12,56%; e os contratos entre os mozos aumentou nun 16,28%, medrando os indefinidos nun 21,75%, cinco puntos máis que os temporais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.