Cultura Vigo al día

@MoratBanda actuará en Vigo o 24 de xullo

Imagen:http://www.moratoficial.com/

O Goberno local aprobou este venres o acordo de promoción do concerto de Morat, incluído na programación das festas de verán. Cunha actuación prevista o 24 de xullo no Auditorio Mar de Vigo, esta banda colombiana súmase ao cartel de Vigo en festas 2017 no que xa figuran Miguel Bosé (25 de xullo, en Castrelos); Carlos Vives (27 de xullo, en Castrelos) e Crystal Fighters (3 de agosto, en Castrelos).

No eiro musical, os seis concertos conformarán a segunda edición do Festival Illas Cíes que tamén programa concertos no Parque de Castrelos e no Mar de Vigo durante as festas de verán da cidade.

The Pretenders abrirá o festival o 20 de xullo, no auditorio de Castrelos. A segunda cita será o 21 de xullo no Auditorio Mar de Vigo co concerto de “Uxía e a Real Filharmonía de Galicia”; mentres que Roger Hodgson, antigo líder e voz icónica de Supertramp, tocará o 14 de agosto no Auditorio Mar de Vigo.

También te puede interesar