Cultura Vigo al minuto

@MoratBanda actuará en Vigo o 24 de xullo

Imagen:http://www.moratoficial.com/

O Goberno local aprobou este venres o acordo de promoción do concerto de Morat, incluído na programación das festas de verán. Cunha actuación prevista o 24 de xullo no Auditorio Mar de Vigo, esta banda colombiana súmase ao cartel de Vigo en festas 2017 no que xa figuran Miguel Bosé (25 de xullo, en Castrelos); Carlos Vives (27 de xullo, en Castrelos) e Crystal Fighters (3 de agosto, en Castrelos).

No eiro musical, os seis concertos conformarán a segunda edición do Festival Illas Cíes que tamén programa concertos no Parque de Castrelos e no Mar de Vigo durante as festas de verán da cidade.

The Pretenders abrirá o festival o 20 de xullo, no auditorio de Castrelos. A segunda cita será o 21 de xullo no Auditorio Mar de Vigo co concerto de «Uxía e a Real Filharmonía de Galicia»; mentres que Roger Hodgson, antigo líder e voz icónica de Supertramp, tocará o 14 de agosto no Auditorio Mar de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.