RGPD - Cookies
Cultura

@ProteBiosbardos pide axuda para un can atropelado que perdeu os dous ollos

O refuxio de animais Os Biosbardos pide axuda para atopar acollida a un can que foi atropelado este mércores. “Fumos a recollelo para levalo a unha clínica veterinaria e operalo de urxencia xa que avisaronnos que sangraba pola cabeza. Superou a operación e está fóra de perigo pero perdeu os dous ollos polo que precisa un fogar de acollida, no refuxio non pode estar”.

Os Biosbardos piden que aquelas peroas que poidan acollelo de forma temporal ou definitiva, ou queiran adoptalo, que chamen ao teléfono 600356891 de luns a vernes (10:00-13:30/16:30-20:00 h).

Ademáis, engaden, do máis importante que é un fogar para él, “precisamos tamen axuda económica xa que nos atopamos nunha situación moi difícil, atendendo diariamente varias chamadas das que se derivan tratamentos veterinarios ademais do mantemento habitual da Asociación que conleva gastos veterinarios, farmacéuticos ou de alimentación”.

Quen poida axudar pode facer un ingreso na conta: IBAN ES38 2080 5435 5130 4012 3305 (ABANCA); tamén é posible facerse ‘teamer’ por tan só 1 € ó mes premendo aquí; facerse socio de Os Biosbardos, por so 15€ anuais ou amadrinar ou apadrinar a un animal por 6€ ao mes.

 

También te puede interesar