Vigo al minuto

110 profesionais atenden xa o servizo municipal de limpeza, salvamento, socorrismo e acción policial nas praias de Vigo

O servizo de socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria, que conta con 65 profesionais, está presente dende hoxe en dez areais: A Punta (Teis), O Tombo do Gato, Argazada (Alcabre), Samil, O Vao, Fontaíña (Coruxo), Canido (San Miguel de Oia), Fortiñón (Saiáns), Rodas e Figueiras (Illas Cíes).

Ademais, tamén comeza a funcionar este xoves, día 15 dde xuño, a Unidade de Costa e Praia da Policía Local que, dixo o alcalde, presta un «servizo excepcional con gran satisfacción por parte da cidadanía» e que está conformado por 16 axentes que percorren os areais vigueses de forma permanente.

O Concello reforza a acción nas Illas Cíes durante as noites das fins de semana, de maneira que haberá un servizo de vixilancia permanente de entre 4 e 6 efectivos, tamén de noite, amais das accións de socorrismo e salvamento.

A estes profesionais, cómpre sumarlle os 19 operarios de limpeza dos areais de forma continuada e os socorristas das piscinas municipais, ata un total de 110 persoas dedicadas a prestar servizo á cidadanía que acode ás praias e que «actúan de forma permanente».

Quioscos de praia

Abel Caballero deu conta tamén a aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local da proposta de adxudicación das autorizacións municipais para a ocupación, instalación e explotación de nove quioscos nas praias municipais nos areais de Santa Baia (Alcabre), Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao e Etea. Os dous que quedaron desertos sairán a concurso novamente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.