Galicia

En marcha un novo servizo de fisioterapia para persoas de Vigo afectadas por linfedema

A Asociación Galega de Linfedema (AGL), entidade que forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), conta cun novo servizo de fisioterapia especializado en linfedema, co que pretende mellorar as capacidades das persoas afectadas por esta doenza que ataca o sistema linfático.

Un  total de 50 persoas de toda Galicia afectadas por linfedema van poder recibir este servizo de maneira gratuíta. O seu financiamento é a través dunha subvención de 12.000€ procedente do 0,7% do IRPF e tamén da  subvención de 11.000€ da Fundación ONCE, e que xestiona COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica).

En Galicia son preto de 50.000 as persoas que conviven co linfedema, 900.000 en España, sendo preto de 3.000 mulleres, a maioría operadas de cancro de mama, ás que se lles diagnostica esta enfermidade, segundo sinalan a Sociedade Española de Anxioloxía e Cirurxía Vascular (SEACV) e Sociedade Española de Rehabilitación e Medicina Física (SERMEF), en Galicia.

AGL pon en marcha este programa de fisioterapia especializado en linfedema, con profesionais especializados, que tratarán sobre todo a mulleres do ámbito rural. Arestora, este servizo de fisioterapia está en activo en Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Baio (concello de Zas).

A persoa con linfedema interesada neste servizo pode contactar coa asociación nos teléfonos 986 505 443 e  618 307 562 solicitando información.

También te puede interesar