Comarcas Vigo al minuto

Novo corte no Corredor do Morrazo, este martes de 10 da mañá a 7 da tarde

O corredor do Morrazo rexistrará hoxe, martes, día 6 de xuño, un corte de carril no treito comprendido entre os puntos quilómetros 0 e 7+300 desta infraestrutura viaria, coa fin de seguir avanzando nas actuacións de conversión en autovía.

Este peche ao tráfico, dende as 10 da mañá ata as 7 da tarde, responde, segundo informa a Consellería de Infraestruturas,  á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores. Así, durante estas horas levaranse a cabo a desmontaxe e traslado  á zona das instalacións da obra, da lousa do van esquerdo do paso superior ubicado no Pq. 5+810.

Na xornada de hoxe tamén está prevista a realización de voaduras neste treito, á altura do Pq. 4+840.

A autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.

También te puede interesar