Vigo al minuto

Aprobada a contratación do proxecto para transformar a Porta do Sol nunha praza peonil

O Goberno local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación dos servizos de redacción do proxecto de execución das obras de soterramento do tráfico rodado da Porta do Sol e a transformación peonil da actual rede viaria, un proxecto cofinanciado por fondos FEDER da Unión Europea e que ascende no seu conxunto a 6 millóns de euros.

A UTE GOC S.A. Capitel Arquitectura Ingeniería e Innovación S.L. será a encargada de redactar o proxecto por un importe de 140.965€ e logo chegará a cualificación arqueolóxica e a realización da obra.

Segundo o alcalde, trátase dunha das “grandes obras” de Vigo “polo que significa, porque a cidade necesita unha gran praza de encontro, que sexa de todos, e esta será a nova praza da Porta do Sol”.

También te puede interesar