Ciencia y Tecnología

@galizaCIG segue coas mobilizacións en apoio ao persoal de Servicarne

A CIG segue adiante coa campaña de mobilizacións que desenvolve dende hai máis dun ano en apoio do persoal de Servicarne:  autónomos dependentes que traballan en empresas pertencentes ao grupo Coren, como é o caso da porriñesa Frigolouro.

Máis dun cento de delegados sindicais participaron na concentración convocada diante das instalacións centrais da cooperativa ourensá. Coa protesta desta mañá a central pretende forzar á dirección a negociar melloras laborais para estes falsos autónomos, que padecen unhas condicións “do século XIX”.

A mobilización tivo lugar de 11:30 a 12:30 horas nas inmediacións das oficinas centrais do grupo Coren, situadas na parroquia ourensá de Santa Cruz de Arrabaldo. No lugar despregouse unha faixa na que se podía ler “Non á explotación laboral en Coren” e berráronse consignas denunciando as condicións laborais que padece o persoal autónomo dependente da empresa Servicarne.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.