RGPD - Cookies
Cultura

Este venres empeza a III Ruta de Pinchos de As Travesas que durará ata o día 18

O alcalde invitou este xoves ás veciñas e veciños de Vigo a a achegarse ás Travesas para probar as tapas da III Ruta dos Pinchos da zona-que comeza este venres, día 2, e remato o vindeiro día 18-, con prezos desde 1€. Caballero sinalou que se trata dunha proposta que é perfecta para amosar a capacidade gastronómica dos locais desta parte da cidade.

O obxectivo da mesma é atraer aos cidadáns ás Travesas e reforzar o comercio e a hostalería da zona. Os trípticos se adquiren nos comercios asociados e ten tres «bonos pinchos» cos que probar tres tapas de tres locais distintos para conseguir os selos. Unha vez conseguidos tres selos, o cliente poderá depositalo nas urnas instaladas en cada establecemento e entrar nun sorteo dunha fin de semana no Hotel Talaso Atlántico.

O tríptico fará as funcións de rueiro e de papeleta de voto para premiar ao mellor pincho da ruta, en base ao seu sabor, presentación e orixinalidade.

También te puede interesar