Ciencia y Tecnología Vigo al día

75 residentes incorpóranse a Área Sanitaria de Vigo:, entre eles 55 médicos e 16 enfermeiras

Os responsábeis da Área Sanitaria de Vigo deron a benvida  aos 75 residentes que este ano inician o seu período de formación especializada. Trátase do segundo grupo de residentes que se incorporan a esta área, trala apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro .

O xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CUVI),  o doutor Félix Rubial, agradeceulles que optasen por centros da sanidade publica viguesa “ xa que o feito de ternos elixido como o centro no que formarvos como especialistas é produto dunha decisión libre e voluntaria. No momento actual temos a 260 residentes en formación, cifra que indica a  gran capacidade docente da nosa organización, ao tempo que tamén nos marcan un moi alto nivel de esixencia como Institución”.

Rubial quixo aproveitar a oportunidade “de dirixirme a vós nun día tan sinalado como é o da vosa incorporación” para recordarlles a súa razón de ser como profesionais ao servizo da sociedade: “curar e coidar ás persoas.”

38 especialidades diferentes

Destes novos residentes, 57 son mulleres e 18 homes, e proveñen de diferentes nacionalidades, entre elas hai un armenio, un boliviano e un venezolano.

Os residentes se formarán en 38 especialidades diferentes. Ademais dos 55 médicos (MIR), hai 16 enfermeiras (EIR), un residente en farmacia hospitalaria (FIR); un residente en Psicoloxía  (PIR); e un residente en Radiofísica Hospitalaria.

Entre as Enfermeiras, catro se especializarán en Pediatría; dous en Saúde Mental; catro  en Obstetricia -Xinecoloxía e seis en Familia e Medicina Comunitaria

En canto aos 55 médicos, pódese destacar que 13 realizarán Medicina Familiar e Comunitaria; e o resto, diferentes especialidades clínicas.

O período de formación dos residentes é variable, podendo ser de dous, tres, catro ou cinco anos dependendo da especialidade. Neste tempo desenvolven nos hospitais un programa docente que comprende a asunción tutelada e progresiva de responsabilidade na asistencia ós pacientes, ademais dun completo programa teórico que prevé a participación en diversas actividades científicas como seminarios, sesión ou cursos.

También te puede interesar