Galicia

A pensión media de Galicia, 776€, subiu un 2% pero segue a segunda máis baixa de España

A pensión media en Galicia subiu un 2% este mes, en relación con maio de 2016, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Os galegos cobran, sempre de media, unha pensión de 776,42€- o que representa menos do 85% da media do Estado que está en 915,55€-. Esta cantidade segue a ser a asegunda máis baixa de España tras a de Estremadura.

Por provincias, en A Coruña, as pensiones, medias eran de 818,37€ a principios deste mes; en Pontevedra de 817,25, en Lugo de 688,32 e en Ourense de 669,18€.

A pensión media por xubilación, que cobran en Galicia 470.175 persoas, é de 883,34€, fronte aos 1.062,31€ a media do Estado; por viuvez, pensión que cobran 187.112 galegos e galegas,a media é de 547,60€ e apensión media por incapacidade permanente, que reciben 69.618 galegos, é de 834,66€ mensuais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.