Destacados

@En_Marea aproba apoiar a moción de censura presentada por Unidos Podemos á xestión de Mariano Rajoy

Este sábado 20 e domingo 21 En Marea vén de consultará ás súas bases sobre o apoio á moción de censura presentada polo Grupo Parlamentar de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea a Mariano Rajoy, “unha moción cidadá contra a corrupción que invade as institucións gobernadas polo PP”, sinala En Marea nun comunicado.

Esta consulta realizouse telematicamente -tamén desde os locais que mareas municipalistas habilitaron para facilitar o voto asistido- na que todas as persoas inscritas foron consultadas sobre a pregunta “Estás de acordo en que En Marea preste o seu apoio político á Moción de Censura impulsada polo Grupo Parlamentar de Unidos Podemos-En Comú podem-En Marea no Parlamento Español?”

Das 2.061 persoas con dereito a voto, exerceron o mesmo un total de 763-o 37,02%- das cales dixeron ‘Sí’, 649, o 85,06%, e ‘Non’ 114, o 14.94%.

En Marea subliña que “este resultado é un apoio claro” das súas bases para secundar á moción de censura.

También te puede interesar