Vigo al día

@abelcaballero informou este luns de que o Concello ten en marcha ou tramitación obras por 55 millóns de euros

O alcalde informou este martes de que o Goberno local ten actualmente medio centenar de obras en marcha ou en tramitación por valor de 55 millóns de euros. “Somos a cidade de España con máis obra pública en relación á poboación”, asegurou, antes de subliñar que este investimento significa “miles e miles de empregos que se van a crear”.

Así, ademais da segunda fase da colocación das escaleiras mecánicas entre Porta do Sol e a rúa Abeleira Menéndez, Abel Caballero sinalou a reformas as bancadas de Tribuna e Río do Estadio de Balaídos, e as humanizacións de Ferreiros, Aragón, Gregorio Espino, Doctor Corbal, Rosalía de Castro, Llorente, Castelao, Estorniño, Camelias, Vía Norte, Álvaro Cunqueiro e Bueu.

Tamén referiuse á reparación e nivelación de rexistros de calzada, melloras en Castrelos e das redes Teis, saneamento de Lotas, Brea e da Avenida de Galicia e 1,2 millóns de euros para mantemento de viais.

O Concello, subliñou, conta ademais coas obras de construción do aparcamento público municipal no novo hospital, a renovación do saneamento no Calexón dos Caños, a fase bombeo en Teis e as melloras de saneamento en Mestre Chané e Montecelo Alto.

Caballero engadiu no seu repaso as humanización de García Lorca e Canceleiro, Subida a Corredoura, o rebaixe de pasos de peóns, o tanque de tormenta en San Andrés, a rúa Rola, melloras no Concello, colocación de biondas para motos, accesibilidade peonil na rotonda da Avenida de Europa, execución do muro en Pardiñeiras e instalación dun elevador na casa consistorial.

O goberno vigués ten pendente a colocación do ascensor de San Salvador con Praza Isabel A Católica, a sustitución de firmes en entornos patrimoniais, mellora do entorno da Escola de Música de Beade, os ascensores entre Marqués de Valterra, Torrecedeira e Pi y Margall, a humanización de Marqués de Valterra, a mellora do pavimento en García Olloqui e Praza de Compostela, as humanizacións da Gran Vía e da Avenida de Madrid, reordenación da Porta do Sol, as humanizacións da estrada provincial e da Estrada do Porto, a instalación do parque de Skate en Navia, o mantemento do parque de Skate no Castro e Barreiro, e a mellora do saneamento e abastecemento en Álvaro Cunqueiro.

También te puede interesar