Vigo al minuto

@abelcaballero informou este luns de que o Concello ten en marcha ou tramitación obras por 55 millóns de euros

O alcalde informou este martes de que o Goberno local ten actualmente medio centenar de obras en marcha ou en tramitación por valor de 55 millóns de euros. «Somos a cidade de España con máis obra pública en relación á poboación», asegurou, antes de subliñar que este investimento significa «miles e miles de empregos que se van a crear».

Así, ademais da segunda fase da colocación das escaleiras mecánicas entre Porta do Sol e a rúa Abeleira Menéndez, Abel Caballero sinalou a reformas as bancadas de Tribuna e Río do Estadio de Balaídos, e as humanizacións de Ferreiros, Aragón, Gregorio Espino, Doctor Corbal, Rosalía de Castro, Llorente, Castelao, Estorniño, Camelias, Vía Norte, Álvaro Cunqueiro e Bueu.

Tamén referiuse á reparación e nivelación de rexistros de calzada, melloras en Castrelos e das redes Teis, saneamento de Lotas, Brea e da Avenida de Galicia e 1,2 millóns de euros para mantemento de viais.

O Concello, subliñou, conta ademais coas obras de construción do aparcamento público municipal no novo hospital, a renovación do saneamento no Calexón dos Caños, a fase bombeo en Teis e as melloras de saneamento en Mestre Chané e Montecelo Alto.

Caballero engadiu no seu repaso as humanización de García Lorca e Canceleiro, Subida a Corredoura, o rebaixe de pasos de peóns, o tanque de tormenta en San Andrés, a rúa Rola, melloras no Concello, colocación de biondas para motos, accesibilidade peonil na rotonda da Avenida de Europa, execución do muro en Pardiñeiras e instalación dun elevador na casa consistorial.

O goberno vigués ten pendente a colocación do ascensor de San Salvador con Praza Isabel A Católica, a sustitución de firmes en entornos patrimoniais, mellora do entorno da Escola de Música de Beade, os ascensores entre Marqués de Valterra, Torrecedeira e Pi y Margall, a humanización de Marqués de Valterra, a mellora do pavimento en García Olloqui e Praza de Compostela, as humanizacións da Gran Vía e da Avenida de Madrid, reordenación da Porta do Sol, as humanizacións da estrada provincial e da Estrada do Porto, a instalación do parque de Skate en Navia, o mantemento do parque de Skate no Castro e Barreiro, e a mellora do saneamento e abastecemento en Álvaro Cunqueiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.