Comarcas Vigo al minuto

@ConcelloNigran inaugura, coa presenza dos fillos de Carlos Casares, unha exposición do escritor coma fotógrafo

O alcalde de Nigrán, Juan González, e os dous fillos de Carlos Casares, Hakan e Christian, xunto o director da Fundación Casares, Gustavo Garrido, inauguraron este sábado no Auditorio Municipal a exposición  ‘Carlos Casares e a fotografía”,  organizada co obxectivo de divulgar no municipio a figura deste escritor galego universal e veciño de Nigrán a quen se lle adica o Día das Letras Galegas 2017.

A mostra, organizada a través da Fundación Casares, profundiza a través de 30 imaxes nesta faceta artística relativamente descoñecida do autor, pero tan importante como relevante nalgunhas das súas obras literarias: a fotografía.

“De tódolos sitios onde viviu o meu pai Nigrán foi o único que elixiu libremente, sen ningún condicionante laboral ou de outro tipo, e no que sen dúbida foi más feliz”, resumiu o seu fillo Hakan, quen xunto a Christian comentou anécdotas e vivencias do seu pai no municipio, onde estivo asentado durante 22 anos- ata a súa morte no 2002-.

«Foi un dos veciños máis ilustres de Nigrán e descansa no seu cemiterio municipal desde hai quince anos, aínda que pervive en nos a través das súas obras, referentes da literatura galega universal. É un orgullo para o Concello lembrar a súa presenza, a súa calidade humana e o seu talento máis alá incluso do eido literario, como é o caso desta mostra», resume o alcalde, Juan González.

A exposición, que estará aberta durante este mes de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, recolle imaxes tiradas polo propio Casares, así como outras nas que el mesmo aparece fotografado.

Trátase dun conxunto de obras relacionadas con ámbitos como o familiar, onde existen autorretratos e retratos dos seus fillos Hakan e Christian e a súa muller Kristina Berg; como fotografía de viaxes, unha actividade pola que o autor limiao sentía moito interese e que queda reflexada en imaxes por toda Europa e Norteamérica; ou de ámbito profesional, realizadas para unha obra de referencia como a Guía da provincia de Pontevedra, e nas que a súa temática xira en volta de aspectos culturais e tradicionais da nosa cultura -o entroido, petos de ánimas ou cruceiros-.

A mostra inclúe tamén unha parte importante da colección de cámaras fotográficas que posuía o escritor, moitas delas protagonistas tamén nas imaxes de autorretratos .

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.