Vigo al minuto

O Goberno local aproba investir 900.000€ no asfaltado e mellora de firmes no rural

O alcalde informou este mércores de que o Goberno local aprobara un orzamento de 900.000€ para o asfaltado e substitución de firmes na cidade coma “continuación da serie de humanizacións no rural para ter en boas condicións de tránsito”.

As devanditas obras realizaranse no centro en Bouzas -Covadonga e Eduardo Cabello-, no Castro -Aríns e Couto e Marqués de Alcedo- e en Praza América –Pastora-. Na zona norte incluiránse Alcabre -Cruceiro e Forte-, Castrelos –Viloura-, Sárdoma -Miraflores, Candeán -Monte Vixiador- e Teis -Dona Fermina- e, ademais, Coruxo , Matamá -Beirán e Roupeiro-, Bembrive e Marcosende en Zamáns.

Abel Caballero deu conta amais da aprobación da contratación da segunda fase das escaleiras que comunican a Porta do Sol e a rúa Abeleira Menéndez por un importe de 755.000€ que supón unha «baixa importante» xa que o orzamento de licitación era dun millón de euros. A este respecto sinalou que o Concello segue pendente do permiso de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.