Comarcas

@depo_es presenta en Lisboa ‘Rías Baixas. Moito por descubrir’

A presidenta da Deputación de Pontevedra  subliñou este marte o profundo agradecemento ao Centro Galego de Lisboa por acoller a presentación de Rías Baixas “Moito por descubrir”.  Afirmou sentirse moi emocionada por estar nun centro galego “onde tantos homes e mulleres que emigraron de Galicia  deixaron un anaco de todos e todas nos, alí onde se asentaron”.

Carmela Silva subliñou que os galegos  “cando estamos en Portugal nos sentimos na nosa casa aínda que as fronteiras políticas moitas veces nos alonxaron”. A presidenta subliñou que compartimos con Portugal moitas cousas “pola nosa cercanía ao Océano Atlántico” polo que é un “enorme orgullo” estar hoxe en esta cidade que é unha das mellores de Europa “pola que moitos galegos son sentimos moi atraídos” e “nos sentimos encantados de mostrarlles aquí o noso destino turístico, Rías baixas”.

Foi o presidente da Casa de Galicia en Lisboa, Alvaro Moreira, quen agradeceu á Deputación de Pontevedra, que escolleran esta localización para presentar o destino turístico das Rías Baixas animando a todos os presentes a visitalo.

Silva resumiu a campaña de promoción en tres activos moi poderosos. “Os Festivais Rías Baixas, unha referencia cultural e musical xa consolidada e cunha enorme proxección nacional e internacional; os seis camiños de Santiago que cruzan a provincia, nos que podemos ver moito do que podemos mostrar ao mundo nas Rías Baixas; e a cultura do viño. Temos o orgullo de contar nada menos que coa capital vitivinícola de Europa este ano, o municipio de Cambados”.

Precisamente referíndose ao camiño portugués a Compostela, que é un eixo da campaña de promoción, Silva subliñou que “nas Rías Baixas hai ata seis Camiños, que cada ano percorren máis peregrinos. O ano pasado foron 65.000 e este superarase holgadamente esa cifra. Compartimos con Portugal dous deles, aos que temos especial agarimo. Son o Camiño Portugués tradicional, un dos preferidos por quen se dirixe cara a Compostela, e o Camiño da Costa, unha variante desde o Río Miño camiñando xunto ao Océano e a Ría de Vigo. As Rías Baixas son o paso natural dos nosos irmáns portugueses cara a Santiago e estamos orgullosos de que coñezan a nosa terra, cultura e patrimonio. Ao longo da historia os camiños foron un gran vínculo social, económico e cultural entre Galicia e Portugal e queremos impulsalo con máis forza aínda”.  

A presidenta animou aos veciños lusos a achegarse as Rías Baixas para desfrutar da música dos festivais porque “este ano, ademais, apostamos aínda máis forte porque pasamos de sete festivais a oito máis un. Nas Rías Baixas quen nos visita poden pasar todo o verán de festival en festival: desde o 30 de xuño ata o 9 de setembro temos cita practicamente todas as semanas. Cada festival é único e ten o seu estilo propio, pero todos eles celebran actividades para todos os públicos”.

A presentación na Casa de Galicia en Lisboa concluíu cunha degustación de produtos da provincia de Pontevedra baseada nas propostas do festival VigoSeaFest, que organiza a Cooperativa de Armadores de Vigo, para a promoción de peixes pouco coñecidos a cargo do chef Adrián Albino do restaurante “Niño Corvo”.

Tamén os presentes puideron desgustar viños da adega  “Quinteiro da Cruz”, preparados de conservas “Os Peperetes”; galletas Albariñas;   e queixos de Dona Cobiña e as marmeladas de Amorodo, dúas empresas da comarca do Deza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.