@depo_es e @Xunta traballarán conxuntamente para loitar contra os incendios e no eido de salvamento

O Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento celebrou esta mañá o pleno ordinario correspondente ao mes de abril . No marco da sesión Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia acordaron a creación dunha comisión técnica para dar resposta conxunta e consensuada en materia de emerxencias as necesidades que ten pendentes a provincia.

En concreto, presentáronse no pleno dous informes de análise e propostas de xestión no que se propoñen diferentes solucións para arranxar as carencias en canto ao funcionamento das emerxencias na provincia, ben en relación ás zonas de sombra, ó mapa de emerxencias ou aos tempos de resposta.

En relación a estes documentos, tanto a Deputación de Pontevedra como a Xunta de Galicia acordaron crear a comisión técnica, que tome como punto de partida os informes aportados pola xerencia do Consorcio, para abordar de xeito consensuado as carencias en materia de loita contra incendios e salvamento que permitirán establecer unha estratexia provincial de atención ás emerxencias.  Amais, esta comisión técnica conxunta tamén vai servir para decidir o futuro dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).

A institución provincial e a administración autonómica valoraron positivamente os informes aportados pola Xerencia do Consorcio para a prestación do servizo contra incendios e salvamento e acordaron traballar o máis rápido posible para avaliar estes documentos.

O pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento aprobou tamén outras cuestións que poñen de manifesto a boa saúde económica da entidade. En concreto, deuse conta do resultado presupostario a 31 de decembro de 2016 de 643.099,13 euros, do estado de remanente de tesourería de 3.562.840,08 euros e dos fondos líquidos de 3.561.587,96 euros. Ae  débeda a 31 de decembro de 2016 situouse en cero euros

Ao respecto do primeiro trimestre deste ano 2017, no pleno tamén se informou sobre o período medio de pago que se sitúa, de media, 5 días antes dos 30 de máximo que estipula a normativa estatal.

Finalmente deuse conta do inicio do expediente para a contratación do suministro de 73 traxes de intervención en emerxencias, en aras a mellora da seguridade do persoal na prestación do servizo, cuxo importe ascendería a 101.579,50€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.