Vigo al minuto

O Concello modifica a ordenanza para habilitar praias aptas para cans no verán

O Goberno local levou este mércores ao Pleno da Corporación a aprobación inicial da modificación da Ordenanza, que saíu adiante co apoio dos grupos do PSOE e Marea e a abstención do PP. Ábrese agora un prazo dun mes de exposición pública para presentar alegacións, que serán resoltas antes de volver a Pleno para a aprobación definitiva.

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, explicou que o Concello conta con 5.000 sinaturas que respaldan a iniciativa municipal de designar praias ás que poidan acceder os cans tamén nos meses de verán, de xuño a setembro, ambos incluídos, datas nas que actualmente está prohibido.

Unha vez o cambio da normativa estea en vigor, o Goberno local asignará os areais aptos para cans no verán, que terán que ser ratificados por outras administracións. Lago indicou que Costas establece requisitos a cumprir, como a non existencia de marisqueo no entorno da praia ou a posibilidade de empregar maquinaria para a súa limpeza.

O Partido Popular abstívose na votación e anunciou a presentación de emendas ao texto. O PP estima «necesaria» a actualización da norma por «insuficiente» e solicitou acompañala de campañas de concienciación.

Os populares propuxeron melloras na regulación, na identificación dos animais e na eliminación do sacrificio como opción, e puxo en dúbida que a modificación da ordenanza estea lista para este verán.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.