Galicia

@QueremosGalego convoca unha marcha o 17 de maio baixo o lema ‘En galego sen límites’

A plataforma Queremos Galego, que abrangue a decenas de entidades que traballan na defensa e promoción do idioma, convocou unha nova marcha para o próximo 17 de maio que percorrerá as rúas de Compostela.

O lema escollido para a mesma é, ‘O Galego sen límites’, co pretende visibilizar a implicación cada vez maior a favor da lingua, e de «evidenciar a cantidade de obstáculos» que experimenta calquera cidadán que aspire a «vivir en galego con normalidade».

Marcos Maceira, presidente da Mesa e portavoz da plataforma, subliñou en rolda de prensa que «cada vez hai máis mobilización social» en defensa do idioma, e que «hai sectores moito máis amplos» que se implican nesta tarefa.

Unha situación, engadiu, que se produce en paralelo ao «apartheid lingüístico» que padece Galicia, a través da «exclusión sistemática» do idioma en distintos ámbitos, como a propia administración.

Maceira  referiuse a que a propia normativa, como a lei de Transparencia, «obriga a institucións galeguizadas como os concellos a publicar documentación en castelán».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.