Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O martes 2 de maio empeza a funcionar a liña H3 de Vitrasa que unirá Teis e o Hospital Álvaro Cunqueiro

O martes 2 de maio entrará en funcionamento a liña H3, que unirá Teis co hospital Álvaro Cunqueiro, una conexión que, como sinalou o alcalde este luns, é «de grande interese porque fará un percorrido de moita demanda».

Abel Caballero sinalou que a viaxe de ida saíra de García Barbón «Calzada» -Sanjurjo Badía- Bos Aires-Travesía de Vigo-Aragón- Jenaro de la Fuente-Ramón Nieto- M. Álvarez -Estrada vella de Madrid-Seminario- Lameiro- Estrada Marco-Saa-Seixo, Estrada Venda e Hospital Álvaro Cunqueiro. A volta será rápida e flexible porque só parará para deixar viaxeiros.

Nun principio, as saídas desde García Barbón serán ás 07,45 e ás 11,00 horas, e desde o hospital sairán ás 10,15 e ás 13,15 horas. Segundo como evolucione a ocupación, o alcalde avanzou que se farán os reforzamentos de frecuencias que sexan precisas.

O alcalde explicou que nestes momentos as liñas que nestes momentos están a prestar servizo ao Álvaro Cunqueiro (H, H1, H2, L6, L12B, L18 e agora a H3) moven diariamente sobre 2.300 usuarios nun total de 137 viaxes e non descartou a implementación de novas conexións ou frecuencias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.