Destacados

@ConcelloNigrán protexerá a aqueles veciños que non poden facer fronte ao pago da luz e o gas

O Concello de Nigrán reforzará a protección naqueles domicilios onde non é posible facer fronte ao pagamento das facturas de luz e gas grazas á súa adhesión ao convenio entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e empresas enerxéticas.

Con este obxectivo, acadado por acordo plenario coa única abstención do PP, en situacións de emerxencia social as empresas subministradoras comprométense a manter o servizo durante 2 meses, tempo no que o Concello tramitará as axudas pertinentes, propias e alleas, para abonar os recibos adebedados. «Era preciso que fose aprobado por acordo plenario e agracedemos que UCN presentase a moción ao respecto», sinala o alcalde, Juan González.

Grazas a este acordo, calquera veciño advertido dun corte de luz ou gas pode poñerse en contacto cos Servizos Sociais do concello, onde o informarán da existencia e funcionamento deste convenio.

Así, unha vez que os técnicos municipais constaten que se trata dun caso de urxencia social e llo notifiquen á firma enerxética, esta comprométese a manter a subministración durante un prazo de 2 meses. Deste xeito, o corte non chega a producirse e os concello emprega ese tempo para tramitar as axudas de emerxencia, afrontando as facturas cos mecanismos existentes.

O Concello pretende coa adhesión a este convenio reforzar a atención ás familias en situación de vulnerabilidade e unificar e simplificar os procedementos entre os servizos sociais municipais e as empresas enerxéticas, para dar solución a situacións de urxencia social. A maiores, abre a posibilidade a prolongar no tempo o pagamento dos recibos.

«Ata agora o prazo para evitar o corte era moi escaso fronte ao tempo que leva tramitar unha axuda de emerxencia social, por iso con este convenio chegaremos sempre a tempo para que non se produza a suspensión do subministro», resume o alcalde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.