Comarcas Vigo al minuto

@depo_es implantará a Administración Electrónica en 55 concellos da provincia de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra subliñou este xoves , na  súa intervención ante a Comisión de Deputacións da Federación Estatal de Municipios e Provincial (FEMP) que se celebra en Ibiza, que un total de 55 concellos da provincia, dos 59 posibles, adheríronse  ao proxecto de Administración Electrónica que impulsa a institución provincial.

Carmela Silva sinalou que coa estratexia de implantación da administración electrónica nos concellos da provincia “acadáronse aforros económicos superiores ao 50% sobre os prezos de mercado na compra de material e de servizos técnicos”. Ademais, segundo explicou, o proxecto de implantación que leva a cabo a Deputación de Pontevedra traballa en dous eixos de actuación: o primeiro, as aplicacións informáticas e os soportes e outro, o sistema das telecomunicacións.

Silva salientou que dende os servizos da institución provincial non so  se pon a disposición dos concellos da provincia unha serie de ferramentas informáticas para a xestión do seu traballo diario. Os técnicos da Deputación forman aos funcionarios destes concellos xestionando o cambio aos novos programas e dan soporte técnico. “Neste momento estamos a traballar en 21 concellos na formación dos seus traballadores”, indicou.

De feito, o cronograma de implantación do proxecto contempla para este ano a posta en marcha do padrón municipal de habitantes, a compra agregada de servizos de impresión e a compra agregada de servizos de telecomunicación unha vez adxudicado o servizo de administración electrónica co produto “Gestiona” que tarda unha media de sete semanas de implantación por concello.

A previsión para os próximos dous anos será a compra agregada de almacenamento na nube, backup e correo electrónico. Noutro eido se implantarán os servizos de control horario, contabilidade e o servizos de xestión de nóminas e recursos humanos.

Por outra parte, dentro da orde do día da xuntanza da FEMP atopábase o despoboamento das provincias, ao que  Carmela Silva subliñou que son os concellos e as deputacións as primeiras que alertaron sobre este problema. Por elo, reivindicou que é necesario e fundamental que “as decisións que se tomen por parte do goberno ou das comunidades autónomas nos teñan en conta por ser os máis pretos ao problema e que nos convertamos en axentes activos”.

Silva lembrou que os concellos e as deputacións son os que teñen máis capacidade  para dar resposta ao despoboamento que sofren as zoas rurais “pola nosa cercanía”. Ademais incidiu a Presidenta que calquera estratexia para fixar poboación ten que pasar por unha garantía dos servizos públicos básicos en calquera zoa dunha provincia para o que é necesario contar cos recursos económicos suficientes.

También te puede interesar